Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


start

Esta é unha revisión antiga do documento!


Nosanube é un selfhosting cooperativo

O proxecto basease en compartir esforzos e recursos para ter unha serie de servizos autodespregados cun modelo de gobernanza dos datos respetuoso coa privacidade e propiedade dos datos, co medioambiente e co desarrollo do software libre.

Actualmente emprénganse de forma masiva ferramentas de comunicación e traballo ofimático, por exemplo, ofrecidas por empresas que non teñen unha política de gobernanza dos datos clara e transparente, que non garantizan a privacidade e propiedade dos datos de quenes as usan, que non teñen en conta o custo medioambiental dos seus servizos nin o traballo desenvolto no mantemento do software libre que empregan.

Preténdese chegar a persoas concienciadas cos mesmos principios que o proxecto e esten dispostas a costear o uso de servizos tecnolóxicos que hai actualmente accesibles de forma “gratuita”, que non sen custo.

Principios:

  • Respeto da privacidade e dereito ao esquecemento: almacenar a mínima información posible de quenes usan os servizos e do seu uso da plataforma, sen poder acceder á información almacenada en si mesma no caso de que sexa posible, e permitindo un borrado real da conta e do seu contido se así se solicitase.
  • Responsabilidade medioambiental: medir o impacto ambiental da montaxe, uso e mantemento da plataforma para engadir un custo económico nos servizos ofertados asociado a dito impacto e destinado a iniciativas locais que revirtan realmente a maior cantidade posible dese impacto.
  • Responsabilidade no desarrollo de software libre: engadir un custo económico nos servizos ofertados para o apoio financieiro dos proxectos de software libre que se usen na plataforma, ou ben colaborar doutra forma para fomentar o seu desarrollo.

Proxectos que nos inspiran:

start.1789472831.txt.gz · Última modificación: por bluepasser