Táboa de Contidos

Nosanube é un selfhosting compartido

A idea é compartir esforzos e recursos para ter unha serie de servizos autodespregados. O único requisito é que sexan de licenzas abertas ou libres.

Cada participante pode despregar os servizos que queira así como dispor dunha conta nos servizos xa despregados. Nen máis nen menos.

Que te ofrece actualmente Nosanube?

A continuación podes consultar de forma rápida que servizos están dispoñibles e para que serve cada un.

Listado de servizos despregados

Servizo Funcionalidade Licencia
Vaultwarden Xestión de contrasinais AGPLv3
Pingvin Share X Plataforma de intercambio de arquivos BSD 2-Clause License
FileBrowser Quantum Administrador de arquivos na web Apache-2.0
FreshRSS Lector e agregador de feeds RSS AGPLv3
Forgejo Forja con control de versións Git CC-BY-SA 4.0

Que ofrece cada servizo

Vaultwarden (AGPLv3)
Pingvin Share X (BSD 2-Clause License)
FileBrowser Quantum (Apache-2.0)
FreshRSS (AGPLv3)
Forgejo (CC-BY-SA 4.0)

Como comezar

Se queres participar completa o seguinte formulario: (link pendente)