==== Nosanube é un selfhosting compartido ==== A idea é compartir esforzos e recursos para ter unha serie de servizos autodespregados. O único requisito é que sexan de licenzas abertas ou libres. Cada participante pode despregar os servizos que queira así como dispor dunha conta nos servizos xa despregados. Nen máis nen menos. ==== Que te ofrece actualmente Nosanube? ==== A continuación podes consultar de forma rápida que servizos están dispoñibles e para que serve cada un. === Listado de servizos despregados === | //Servizo// | //Funcionalidade// | //Licencia// | | Vaultwarden | Xestión de contrasinais | AGPLv3 | | Pingvin Share X | Plataforma de intercambio de arquivos | BSD 2-Clause License | | FileBrowser Quantum | Administrador de arquivos na web | Apache-2.0 | | FreshRSS | Lector e agregador de feeds RSS | AGPLv3 | | Forgejo | Forja con control de versións Git | CC-BY-SA 4.0 | === Que ofrece cada servizo === == Vaultwarden (AGPLv3) == * Gardar contrasinais, credenciais de acceso, datos de tarxetas bancarias, notas, etc nunha //caixa forte// privada, con posibilidade de gardar arquivos adxuntos (ata 500MB) e podendo agrupar estas en carpetas. * Crear organizacións e coleccións para compartir esta información de forma segura con outros contactos dentro da aplicación. * Compartir de forma segura arquivos ou notas mediante unha ligazón con data de caducidade, con/sen contrasinal e con/sen limitación de visualizacións (ata 500MB). * Usar un Autenticador TOTP para loguearse. * Xerar contrasinais seguras únicas con lonxitude e regras personalizadas. * Empregar a extensión oficial de Bitwarden no navegador web. * Exportar unha copia de seguridade encriptada da //caixa forte//. == Pingvin Share X (BSD 2-Clause License) == * Compartir mediante ligazón ou QR un lote de arquivos de ata 5GB durante un máximo de 3 días, con/sen contrasinal e con/sen limitación de visualizacións. O espazo de almacenamento total do servizo é compartido entre todas as contas, optimizando así o seu aproveitamento. * Solicitar a entrega de arquivos mediante ligazón ou QR, coas limitacións xa comentadas. == FileBrowser Quantum (Apache-2.0) == * Gardar arquivos de forma remota, podendo ter carpetas sincronizadas nos dispositivos locais. * Compartir carpetas e/ou arquivos con terceiras partes mediante ligazón ou QR, con/sen permisos de edición, así como permitir só engadir arquivos. == FreshRSS (AGPLv3) == * Lector e agregador de feeds RSS == Forgejo (CC-BY-SA 4.0) == * Forja con control de versións Git ==== Como comezar ==== Se queres participar completa o seguinte formulario: (link pendente)