start
Táboa de Contidos
Nosanube é un selfhosting compartido
A idea é compartir esforzos e recursos para ter unha serie de servizos autodespregados. O único requisito é que sexan de licenzas abertas ou libres.
Cada participante pode despregar os servizos que queira así como dispor dunha conta nos servizos xa despregados. Nen máis nen menos.
Que te ofrece actualmente Nosanube?
A continuación podes consultar de forma rápida que servizos están dispoñibles e para que serve cada un.
Listado de servizos despregados
| Servizo | Funcionalidade | Licencia |
| Vaultwarden | Xestión de contrasinais | AGPLv3 |
| Pingvin Share X | Plataforma de intercambio de arquivos | BSD 2-Clause License |
| FileBrowser Quantum | Administrador de arquivos na web | Apache-2.0 |
| FreshRSS | Lector e agregador de feeds RSS | AGPLv3 |
| Forgejo | Forja con control de versións Git | CC-BY-SA 4.0 |
Que ofrece cada servizo
Vaultwarden (AGPLv3)
- Gardar contrasinais, credenciais de acceso, datos de tarxetas bancarias, notas, etc nunha caixa forte privada, con posibilidade de gardar arquivos adxuntos (ata 500MB) e podendo agrupar estas en carpetas.
- Crear organizacións e coleccións para compartir esta información de forma segura con outros contactos dentro da aplicación.
- Compartir de forma segura arquivos ou notas mediante unha ligazón con data de caducidade, con/sen contrasinal e con/sen limitación de visualizacións (ata 500MB).
- Usar un Autenticador TOTP para loguearse.
- Xerar contrasinais seguras únicas con lonxitude e regras personalizadas.
- Empregar a extensión oficial de Bitwarden no navegador web.
- Exportar unha copia de seguridade encriptada da caixa forte.
Pingvin Share X (BSD 2-Clause License)
- Compartir mediante ligazón ou QR un lote de arquivos de ata 5GB durante un máximo de 3 días, con/sen contrasinal e con/sen limitación de visualizacións. O espazo de almacenamento total do servizo é compartido entre todas as contas, optimizando así o seu aproveitamento.
- Solicitar a entrega de arquivos mediante ligazón ou QR, coas limitacións xa comentadas.
FileBrowser Quantum (Apache-2.0)
- Gardar arquivos de forma remota, podendo ter carpetas sincronizadas nos dispositivos locais.
- Compartir carpetas e/ou arquivos con terceiras partes mediante ligazón ou QR, con/sen permisos de edición, así como permitir só engadir arquivos.
FreshRSS (AGPLv3)
- Lector e agregador de feeds RSS
Forgejo (CC-BY-SA 4.0)
- Forja con control de versións Git
Como comezar
Se queres participar completa o seguinte formulario: (link pendente)
start.txt · Última modificación: por bluepasser
